Blogia
El blog de Angel Arias

A sotavento: O Courel: paisaje, piedras y dinero

ADEGA, la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, viene solicitando apoyo popular para impedir lal explotación a cielo abierto en los montes de O Courel, entre Lugo y Ourense, España. ADEGA, que en gallego y portugués significa bodega, que es lugar en donde se elaboran y guardan los vinos y, también, el espacio del barco en donde se transporta la carga, es una activa y señera organización ecologista que trata de mantenerse como políticamente independiente en el mar siempre proceloso del ecologismo practicante. Desde hace unos dos años está presidida por la catedrática Adela Figueroa, geo-bióloga, por dimisión de Xuan Duro, de militancia confesada.

La batalla principal que libra ADEGA en la actualidad se desarrolla allá por las montañas de la Galicia profunda, en mi segunda tierra, en el Courel (o Caurel), porque parece que, como su nombre indica, sigue todavía albergando oro en sus entrañas. Desde hace siglos, todo el mundo lo había ignorado, menos las meigas, que seguían haciendo su labor entre fragas y frondas, y algunos -pocos- hombres y mujeres.

Los habitantes de esta comarca, olvidados entre los olvidados de España, vivían arrastrando su marginación y su mísera vida, cuidando aquellos bosques en mancomún que les daban castañas y fuego para el duro invierno, criando cuatro reses,  bravas por su resistencia al frío, y unos cerdos que veían poca luz en su vida, y que se sacrificaban para San Martiño y en honor del condumio, haciendo jamones y chorizos que los apresurados viajeros que venían de la meseta hacia la costa solían decir que les sabían a gloria en los bocatas que engullían en Fonfría o Piedrafita do Cebreiro.

Pero resulta que el Courel es una montaña que los misterios y complicaciones de la orogénesis hicieron en buena parte pizarrosa de alta calidad. Así sucede también en otros muchos de los viejos montes gallegos, que albergan esquistos, neis, anfibolitas y cuarcitas, producto de la deformación de los materiales volcánicos y sedimentarios del comienzo de los tiempos, allá por el Paleozoico.

El Courel es uno de las más bellos paisajes de España. Pero si se quita la escueta capa de humus vegetal, donde se agarran árboles centenarios, se descubre el precio que cobijan los, hoy, invendibles y por lo tanto, sin valor económico de cambio, bosques de castaños: está formada por muy aceptables lajas de piedra, que lucen mucho cuando cubren las insulsas construcciones europeas, aunque no tanto como lo hacen en los musgosos teitos lucensesvu orensanos.

La cantera "La Campa", por ejemplo, instalada en Folgoso do Courel y explotada hoy por Cupire-Padesa (CUPA), tenía un problema: después de años de sacar piedra más o menos de estrangis, que es una técnica minera que a veces se utiliza -sobre todo, en los países dejados de la mán de Deus- aunque no se aprende en los libros, necesitaba con urgencia ser legalizada. No podía seguir comiéndose el monte sin contar con la preceptiva licencia, ni con el imprescindible estudio ambiental. Por imagen empresarial, por vergüenza propia.

La Xunta de Galiza está dispuesta a regularizar esa situación, porque las piedras traen riqueza y empleo a la sociedad, y la explotación de un monte abandonado, de belleza difícilmente igualable, (como casi todas las cosas que se mantuvieron alejadas de la mano del hombre sabio, ay), no habrá de contar con dificultades, por mucho que cuatro campesinos aletargados protesten y ADEGA y otras asociaciones de ecologistas con (para sus detractores, uy) oscuros intereses políticos hayan reunido, por ahora, apenas diez mil firmas.

Como ingeniero de minas, como amante de la naturaleza, como emocionable ante el paisaje, creo que debemos exigir que las autoridades administrativas no se dejen obsesionar por el presente. El presente pasa muy rápido, y lo que nos queda, después, entre las manos, si no lo hacemos bien, ya sabemos qué es: el vacío, lo destruído, el abandono, el caos. Hay que saber mucho, tener la cabeza muy limpia de injerencias y contar con muchas opiniones, para valorar adecuadamente los activos y los pasivos de la minería.

Salvemos O Courel. Hay muchos otros sitios donde extraer unas cuantas láminas de pizarra para que la utilicen como decoración en las casas de quienes podrán pagarse un par de toneladas de piedra, pero no pueden pagarnos lo que cuesta el paisaje de Galicia, si lo destruímos para siempre.

2 comentarios

Administrador del blog -

Poco más se puede decir a Galegos. El calor que pone Xosé Manuel Beiras en el asunto saca chispas. Aunque no soy partidario de incluir en un Cuaderno, comentarios tan extensos, que, además, supongo que pueden encontrarse directamente en la blogsfera, mientras nos permita Blogia, lo mantengo así, sin tocar. E las respostas a o que está a facer o poder e si hai ou non alternativa, no ár, apertas.

Galegos -

De acuerdo con tu comentario, amigo. Permiteme que copie otro de una persona preocupada por ese mismo tema, al que apreciamos aqui en Galicia.


O problema

XOSÉ MANUEL BEIRAS (24.06.2007)


Tiña razón Novoneyra: non hai outro templo máis vasto. Un templo. Esactamente iso. A ollada do poeta é sempre a máis furadora. A imaxe poética, cando é tal, e non simples artificio literario -ía escribir retórico- é a visión máis certeira do que os simples mortais adoitamos chamar realidade, a que trascende a aparencia visual das formas, a que revela o seu trasunto profundo para amostrarnos o seu siñificado oculto, aquil que dota de sentido ás emocións e fantasías que suscita en nós a sua contemplación.

Un templo. O Courel é un templo, o "templo máis vasto" do imaxinario panteista que latexa no inconsciente colectivo dun povo ancestralmente labrego coma o noso, dunha cultura formada dende os tempos máis remotos en radical simbiose cunha natureza tan exuberante e proteiforme como foi -e, malia todo, inda segue a ser- a do noso país.

Mesmo por iso, para o paisano courelán que foi Uxío Novoneyra de por vida, amáis de non haber outro templo máis vasto ca O Courel, tampouco non había "outro credo que este silencio". Ese silenzo que non é ausencia de son. Ese silenzo que se escoita, como nos intervalos mudos das grandes obras musicais, como nos interiores sonoros das nosas grandes catedrais románicas.

O silenzo que no Courel se escoita dende o alto do Couto, dende o chao das fontes no cimo da debesa da Rugueira, dende o cume do Taro Branco, e tamén en sentido inverso, abaixo, nos fondais, en Moreda, en Froxán, na Ferreiría Vella, na Parada do Uxío e da María Mariño.

Un templo labiríntico, cercado polos "tesos cumes" do macizo courelán, onde a nave axial segue o curso do Lor que ata unha urda enguedellada de vales, outeiros, caviancas e caborcos, coas abóvedas formadas polas frondas sen fin dos soutos e as debesas, e cúpula de ceo aberto que se cerra cando se entolda e desce cando as nebras engulen os cumes e o cobertor gris abriga, amantiño, a paisaxe humanizada de embaixo.

Esa obra magna de arquiteitura natural modelada na sua tona polas pegadas do home ao longo dos séculos, ese templo do Uxío noso é, arestora, un templo profanado e ameazado de ruína. Entrou nel a couza da estulticia hipócrita dos escribas e da cobiza depredadora dos mercaderes -e non houbo cristo até agora que os botase fóra a uns nen outros.

Brada, irado, o espectro de Novoneyra. Só Manoel-Antonio lle contesta. Crúzanse mensaxes cifradas. Nestas, mozos e mozas coureláns dan en descifralas. Nos cumes de Formigueiros, un faro cintilea "no morse -clave Orión- das estrelas": S.O.S. Courel.


Os mercaderes, primeiro. O sochán do Courel, na maor parte, é de xisto. Baixo o vizoso manto vexetal agóchanse formacións de ardósia, ou lousa, que a miúdo afloran á vista salferindo a paisaxe nas lombas dos outeiros e as quebradas. En tempos xa remotos, agochábase o ouro: espoliárono os romanos -só fican as profundas feridas cicatrizadas de minas como a da Toca, nas caeiras sobre o alto Lor, ou do monte Barreiro, a carón do Taro Branco. O ferro, tamén: país antano de ferreiros e ferreirías, con pegadas que inda duran na toponimia, explorouse o mineral con máis intensidade no século antepasado -e foise logo sen deixar rastro nen bens.

Agora tócalle á lousa. A ardósia extraíuse e traballouse sempre -de xeito artesanal, claro é. E de sempre mesmo houbo louseiras -disque unha das máis antigas é a de Mercurin. Mais agora non é iso. Agora éntrase a saco e sen reparos.


Non é un aproveitamento racional nen razoábel: é pura e simples depredación espoliadora. Dinme que só nas bisbarras dantre Pacios da Serra e Vilarbacú, e no treito do río Selmo que desce de Visuña e a Seara cara o Bierzo -por terras que outrora foran do concello courelán- hai unha ducia comprida de macro-canteiras de lousa que "traballan" sen ningunha medida cautelar meioambiental. O río de Quiroga seica é, xa, un río morto.


O conflito xurde, como sempre, antre o interese particular e o interese xeral, antre o lucro privado e o benestar social. Compre concilialos, a poder ser.

Mais, cando irremediábelmente colisionan, a cousa non ten volta: prevalece o interese xeral, a función social. E non por opción ideolóxica miña. Non é que o diga eu: é que así o establece a Constitución. A española, que seica nos obriga aos galegos tamén, empresarios ou non. O prodixioso patrimonio natural que é o Courel é o único "capital social básico" que posúen os coureláns recibido en herdanza da sua propria história. Produto combinado da natureza e do traballo de centos de xeracións humáns sucesivas, patrimonio natural e cultural acumulado ao longo dos tempos mesmamente porque os habitantes desas terras deron en arrequecelo, no canto de destragáreno ou destruíreno.


Ninguén ten dereito a derramalo nen destruilo agora. Non sería só un atentado contra unha obra impar da natureza e da cultura. Sería tamén un roubo, un espolio patrimonial do común cidadán do Courel actual. Unha mostra exemplar do esbullo máis brutal e indecente, só imaxinábel e factíbel en coordenadas de espoliación colonial paradigmática. Da caste da consumada co asolagamento das terras labregas máis ricaces nos tempos do franquismo para fartura das hidroeléctricas e fame da xente paisana abocada a emigrar. Cando non tiñamos democracia, non si?

No entanto -reparade ben- vai para vinte anos que O Courel foi declarado Espazo Natural, en 1989, e incluído na Rede Natura no 2000. É dicir: a depredación está a operar nun Espazo Natural da Rede Natura. Dá gosto. Claro que as declaracións institucionais non contan para a cobiza mercantil neo-feudal -e non hai contradición nos termos, pesia o que poida parecer. E que ningún espazo natural se protexeu nunca cunha simples declaración institucional, nen sequer verquida en normas: compre a acción do poder público que as faga efectivas, que as aplique e sancione o seu incumplimento.

Mais, qué está a facer o poder? E, hai ou non alternativa?